En Toldos Gómez apostamos pola sustentabilidade, a eficiencia enerxética e a innovación como piares estratéxicos da nosa actividade. Dentro deste compromiso, levamos a cabo un proxecto de instalación de paneis solares fotovoltaicos para autoconsumo na nosa nave situada no Parque Empresarial de Arzúa (Rúa Talabarteiros 12-13).
Este proxecto consiste na implantación dunha instalación de enerxía renovable baseada na xeración fotovoltaica, que permitirá reducir de forma significativa o consumo eléctrico procedente da rede, diminuír as emisións de CO₂ e avanzar cara á autosuficiencia enerxética.
A actuación foi apoiada polo INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU (cuantías sinaladas no cartel publicitario ut supra), contribuíndo á descarbonización do sistema eléctrico, ao fortalecemento do autoconsumo e a unha xestión máis eficiente e responsable dos recursos enerxéticos.

We use cookies to ensure you get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not work as expected. You can find out more in our Cookie Policy