EN
whatsapp logo facebook logo instagram logo twitter logo youtube logo UE icono pel

Developed in conjunction with Ext-Joom.com

NOTE! This site uses cookies and similar technologies.

If you not change browser settings, you agree to it. Learn more

I understand
Condiciones Generales

Condicions Xerais

CONDICIONES XERAIS

  1. Aceptación e vixencia das condicións
  2. Proceso de compra
  3. Prezos e gastos de envío
  4. Modalidades de pago
  5. Dereitos do comprador: entrega, devolucións e desistencia
  6. Conformidade do usuario

 

O presente texto constitúe o CONTRATO polo que se rexerá a relación entre o proveedor Toldos Gómez, S.L., con CIF B15274459 e domicilio en lugar de Raído-Burres, s/n, con código postal 15819 de Arzúa, na provincia de A Coruña, e o usuario, ao navegar polas páxinas web propiedade de Toldos Gómez, S.L., en concreto, www.toldosgomez.com (en adiante, sitio web)

 

1.ACEPTACIÓN E VIXENCIA DAS CONDICIÓNS

O acceso ao sitio web implica o coñecemento e aceptacións das Condicións Xerais, obrigándose o usuario ao seu cumprimento sen ingún tipo de reserva, debendo absterse de acceder e utlizar os servizos contidos se non se aceptasen as Condicións vixentes. As presentes condicións poderán ser modificadas por Toldos Gómez, S.L sen aviso previo, recomendándose a súa consulta periódica e, en especial, cando vaia a realizarse un uso efectivo de produtos e servizos.

O sitio web tamén utiliza técnicas de seguridade da información xeralmente aceptada na industria, tales como firewalls, procedementos de control de acceso e mecanismos criptográficos, todo iso co obxectivo de evitar o acceso non autorizado de datos. para lograr estos fins, o usuario/cliente acepta que o prestador obteña datos para efecto da correspondente autenticación dos controis de acceso.

Durante o curso do pedido, previamente a autorizar o pago, o usuario deberá aceptar os Termos e Condicións. Se non está conforme coas mesmas, non deberá seguir adiante co preceso de contratación, debido a que tales condicións seranlle de aplicación en todo caso.

 

2.PROCESO DE COMPRA

Para adquirir un produto en www.toldosgomez.com , o usuario deberá seguir oproceso que se detalla a continuación:

1º- Acceder ós produtos ou servizos que se desenvolven nas diferentes seccións do sitio web www.toldosgomez.com

2º- Seleccionar os produtos que se desexa comprar clicando no botón "Engadir o carriño".

3º- Na pantalla aparecerá o carriño da compra para optar por continuar seleccionando produtos ou ben por finalizar a compra.

4º- Para continuar co pedido solicitaranse os seguinte datos ó usuario: nome e apelidos, domicilio, número de teléfono e correo electrónico. Tamén se solicitará unha conta en www.toldosgomez.com permitindo seguir toda a relación do pedido. O usuario deberá proporcionar de maneira libre e voluntaria os datos persoais requeridos, os cales se tratarán de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril. O usuario seleccionará un nome de usuario e contrasinal comprometéndose a facer un uso dilixente dos mesmos e anon poñelos a disposición de terceiros.

5º- A continuación, aparecerá a desagregación do pedido con indicacións dos produtos seleccionados, prezo, impostos e gastos de envío aplicables, debendo o usuario seleccionar un modo de pago para continuar co proceso de compra. 

6º- Unha vez seleccionado o método de pago corresondente, solicitarase a confirmación e aceptación dos Termos e Condicións e da Política de Privacidade de www.toldosgomez.com . En caso de conformidade, o usuario deberá marcar o cadro de aceptación correspondente, o cal implica a aceptación dos Termos e Condicións e da Política de Privacidade, quedando vinculado e obrigado ás mesmas. 

7º- Tras a aceptación das Condicións Xerais e da Política de Privacidade, aparecerá o botón "Realizar pedido". En función do método de pago previamente seleccionado existen diversas opcións, debendo seleccionarse a que corresponda á elección e seguindo as instrucións correspondentes para facer efectivo o pago.

8º- Se se cometesen erros na introdución dos datos, o propio sistema impedirá proseguir e no formulario aparecerá o correspondente aviso indicando os erros para corrixir.

9º- Confirmación da finalización do proceso de compra: Unha vez finalizado o proceso de pago, o usuario recibirá automaticamente unha confirmación do sitio web no seu correo electrónico con todos os detalles da compra e os datos para localizar o pedido.

10º- Factura: nos datos que se solicitan para a elaboración do pedido non se inclúe o NIF/CIF ou NIE. Se o usuario desexase factura, deberá marcar o recadro "Desexo recibir factura" no momento do pago, encher os campos que se soliciten e a factura será enviada co pedido. No caso de que o usuario quixese a factura unha vez formalizado o pedido, pode solicitalo enviando un correo electrónico  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. .

 

3.PREZO E GASTOS DE ENVÍO

Os prezos que se indican de cada produto inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) correpondente. Estes prezos a menos que expresamente se indique o contrario, non inclúen gastos de envío, manipulación, envoltorio, seguro de envíos, ou calquer outro servizo adicional e anexo ao produto ou servizo adquirido.

O prezo correspondente a cada produto será o que se especifique en cada momento no sitio web. O provedor, resérvase o dereito para modificar os prezos e condicións de venda en función da flutuación da demanda do mercado. Con todo, sempre se respectarán e aplicarán o prezo e as condicións establecidas no momento en que o usuario realizase o pedido.

Antes de realizar a compra o usuario poderá comprobar en liña todos os detalles do orzamento: artigos, cantidades, prezo, dispoñibilidade, gastos de transporte, cargos, descontos, impostos e total da compra.

 

4.MODALIDADES DE PAGO

Toldos Gómez, S.L. pon ó dispor do usuario tres modalidades de pago:

  1. Transferencia bancaria. A transferencia deberase levar a cabo na entidade e número de conta que para ese efecto se indiquen ao seleccionar dita modalidade de pago, debendo o usuario indentificarse expresamente e facer referencia á compra efectuada. 
  2. Pago con tarxeta de crédito/débito. O usuario poderá realizar o pago con Visa ou Mastercard ou calquer outra tarxeta correctamente validada. 
  3. Pago por PayPal. PayPal é un sistema de pago seguro que permite pagar directamente sen introducir datos financieiros (por exemplo, conta bancaria ou número de tarxeta de crédito ou débito). Para unha maior información sobre este sistema de pago, pode acceder na ligazón www.paypal.com/es. Os datos son xestionados con total confidencialidade, pois son recolleitos directamente pola plataforma de pagos de PayPal, sen acceso de ninguén máis, nin tan sequera de Toldos Gómez, S.L.

 

5.DEREITOS DO COMPRADOR. ENTREGA, DEVOLUCIÓNS E DESISTENCIA

  • Entrega (aplica únicamente a produtos, non a servizos)

Toldos Gómez, S.L., só fornecerá produtos que estean dispoñibles es stock. Se o usuario estivese interesado nalgún produto que figure como fóra de existencias no catálogo da tenda online, pode poñerse en contacto con Toldos Gómez, S.L., solicitándoo a través do formulario que se lle ofrecerá no momento de engadir a Carriño de Compra ou escribindo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e informarase sobre a dispoñibilidade do produto.

As datas ou prazos de entrega entenderanse aproximados indicándose ao final do pedido e non constituindo o atraso incrumpimento esencial. O prazo de entrega adoita estar comprendido entre 48 a 72 horas laborais, sempre que se confirmou a dispoñibilidade da mercadoría e comprobado o pago completo do pedido.

  • Devolucións (non palia a produtos/servizos con excepcións de desistencia):

O usuario poderá cambiar un pedido a condición de que este non fose expedido e non lle aplique unha das excepcións ao dereito de desistencia. Se, por calquera razón, quere facer un cambio respecto ao pedido tramitado deberá notificalo canto antes a través de correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. con indicación dos cambios desexados. Calquera diferenza de importe entre o pedido orixinal e o modificado será tramitada seguindo o procedemento correspondente ao medio de pago elixido. Os gastos de devolución e novo envío non serán asumidos por Toldos Gómez, S.L.

Pola súa banda, Toldos Gómez, S.L.,  non poderá substituír sen previa consulta ao usuario, un produto solicitado polo usuario. Se se dese o caso que por motivos alleos a Toldos Gómez, S.L.,  a subministración do pedido non fose posible, ofreceráselle ao usuario a posiblidade de cambialo por un produto sustitutivo de similares características dando dereito á anulación do pedido por parte do usuario.

Se o usuario cancela un pedido confirmado cando este xa saíu das instalacións de Toldos Gómez, S.L. cara ó seu destino, ou non acepta o paquete á chegada, Toldos Gómez, S.L. poderá esixir o pago dos custos de transporte ocasionados por cancelación. 

Serán admitidas as devolucións de produtos que cumpran  os seguintes requisitos:

- Os produtos deben conservar intacto o seu precinto de orixe. Non se admitirá a devolución do produto sen o precinto, salvo que sexa por defectos de orixe, nese caso efectuarase o cambio por outro igual.

- O usuario deberá facerse cargo dos gastos de envío en caso de devolución, que deberán ser abonados directamente á compañía de transportes no momento da recollida.

- O artigo que se desexa devolver debe estar correctamente embalado para a súa devolución.

  • Dereito de desisencia

O usuario dispoñerá dun prazo de 14 días naturais de desistencia do seu pedido desde a entrega do pedido ou aceptación, sempre dependendo do tipo de produto ou servizo contratado. O usuario comunicará a Toldos Gómez S.L, dentro do prazo estipulado e por calquera medio admitido en dereito, o seu desexo de exercitar o dereito de desistencia.

Toldos Gómez, S.L facilita o exercicio deste dereito a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • Excepcións ó dereito de desistencia de produtos/servizos de Toldos Gómez, S.L.

De acordo co artigo 103 da Lei de Consumidores e Usuarios, non será aplicable solicitar o dereito de desistencia nos supostos alí contidos, e, en particular, relación aos seguintes produtos/servizos:

c) O subministro de bens confeccionados conforme ás especificacións do consumidor e usuario ou claramente personalizados.

6.CONFORMIDADE DO USUARIO

Nos casos nos que o usuario considere que o produto ofrecido non se axusta ao estipoulado deberá poñerse en contacto con TOLDOS GÓMEZ, S.L. mediante correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) indicando os datos do pedido, así como a causa da súa desconformidade. 

Procederase a examinar a queixa e mediante email ou teléfono comunicarase se procede a devolución do importe abonado ou, no seu caso, instrucións para emendar a incidencia ou outras solucións alternativas que ambas partes poden acordar. 

A devolución de calquera cantidade por Toldos Gómez, S.L., efectuarase no mesmo medio de pago que se utilizou para pagar a compra.

Quedan a salvo os dereitos recoñecidos pola lexislación vixente que, en calquera caso, serán respectados por ambas partes.