EN
whatsapp logo facebook logo instagram logo twitter logo youtube logo UE icono pel

Developed in conjunction with Ext-Joom.com

NOTE! This site uses cookies and similar technologies.

If you not change browser settings, you agree to it. Learn more

I understand
ContactoTrabaja con nosotros

O emprego en TGM - Toldos Gómez

 

A nosa empresa está altamente orientada á satisfacción dos seus membros. O seu benestar, desenrolo persoal e mellora continua é unha das principais prioridades no traballo diario do equipo directivo da compañía.


TGM – Toldos Gómez, dentro das súas políticas de Responsabilidade Social Empresarial (amosada en particular na adhesión ós principios do Pacto Mundial das Nacións Unidas), está firmemente comprometida en apoiar e respectar plenamente un conxunto de principios e convencións internacionais relativos ós dereitos dos colaboradores.


Consideramos esencial construír un entorno laboral no que primen os principios da nosa política de recursos humáns recollidos no Código de Conduta TGM. Tratamos de fomentalos e desenrolalos nas diversas políticas de xestión e desenrolo de persoas que poñemos en marcha.

 

A empresa ofrece ademais un entorno de traballo favorable á saúde e ó benestar dos seus traballadores, conforme ás normas máis esixentes de fiabilidade, hixiene e seguridade.

 

Consideramos tamén que os traballadores son fundamentais para o cumprimento das prácticas relacionadas coa xestión ambiental e a política de calidade da empresa.

 

Atraer talento, motivar e desenrolar empregados capaces de contribuír activamente ó crecemento da empresa sobre unha base sólida e constante é un dos nosos principais obxectivos.


Para nós é fundamental contratar a persoas que conten cunha personalidade e aptitudes profesionais que lles permitan desenrolar unha relación a longo prazo coa empresa. Por elo, prestamos especial atención á adecuación entre as calidades dos candidatos e os nosos valores e competencias corporativas.


Se queres formar parte do noso equipo e que valoremos a adecuación do teu perfil ás nosas ofertas de emprego, envíanos o teu curriculum a