EN
whatsapp logo facebook logo instagram logo twitter logo youtube logo UE icono pel

Developed in conjunction with Ext-Joom.com

NOTE! This site uses cookies and similar technologies.

If you not change browser settings, you agree to it. Learn more

I understand
CorporaciónA Empresa

A Empresa

plantilla tgm12

 

Medios humanos e técnicos

Toldos Gómez conta actualmente cunah flota de 21 vehículos e un plantel de 74 profesionais. 
Dende o punto de vista funcional, o persoal distribúese do seguinte modo:

   • Alta dirección da empresa - 1
   • Persoal administrativo e de estrutura - 18
   • Departamento Comercial - 14
   • Instaladores - 11
   • Confeccionistas e persoal de planta - 25
   • Oficina técnica -5

A aposta pola formación continua do plantel, e da continuidade no tempo das relacións laborais que levou a cabo a dirección da empresa conformou un equipo cohesionado e moi calificado, o principal activo de TGM - Toldos Gómez.

Unha das principais ventaxas competitivas de TGM - Toldos Gómez é a súa capacidade produtiva. E é que na actualidade TGM - Toldos Gómez conta con cinco fábricas en Galicia:

Arzúa 1: O Raído, Burres, Arzúa. 3.264,88 m², dos cales 213,88 destínanse a oficinas e o resto a produción.

Arzúa 2: No parque empresarial de Arzúa, unhas instalacións xa operativas, totalmente equipadas e destinadas únicamente a produción (o edificio anexo de oficinas aínda está en obras), cunha superficie en planta de produción de 5.053m²

Santiago: No Polígono industrial do Tambre, cunha superficie total de 507.84 m², dos cales 14,70 destínanse a Oficinas

Bergondo: 811,28 m² no Polígono Industrial de Bergondo, 632 están dedicados a produción.

Lalín: Na Cidade do Transporte do Polígono Industrial Lalín 2000 contamos cunha nave industrial de 349,52 m²

Dende as súas orixes TGM - Toldos Gómez foi incorporando as últimas tecnoloxías dispoñibles no sector ó seu proceso industrial para converterse na empresa referente de toldos en Galicia.


Configuración do capital social

Toldos Gómez é unha sociedade de natureza mercantil que adopta a forma xurídica de sociedade limitada, estando a propiedade dos seus participantes sociais dividida a partes iguais entre 6 persoas físicas. Dado que existen estreitas relacións de parentesco entre os seus propietarios, Toldos Gómez ten a consideración de empresa familiar. Un protocolo familiar aprobado unánimemente pola familia propietaria en marzo de 2006 e inscrito no Rexistro Mercantil regula as relacións entre a familia e a empresa.

O máximo órgano de Goberno da Sociedade, dende 2006, é o Consello de Administración, que está composto por 9 membros designados pola Xunta Xeral de Socios entre os que se incluen tres profesionais independentes.