O Coral Box ofrece unha completa autoprotección, posto que este toldo queda recollido formando unha estrutura compacta que garante unha alta resistencia ós axentes atmosféricos, permitíndolle alongar enormemente a súa vida útil e, ademais, prescindir das operacións de mantemento que requiren os toldos convencionais.
O soporte brazo do Coral Box permite unha fácil e precisa regulación da aliñación dos brazos, para que encaixen axustadamente no aloxamento do perfil frontal, o que garante o peche perfecto do cofre.
O Coral Box distínguese especialmente pola súa adaptabilidade e versatilidade en multitude de aplicacións, xa que permite unha fixación frontal ou ó teito. A regulación da inclinación dos brazos pode realizarse dentro dun rango que vai dende 6º a 90º. Ademais, o seu accionamento pode ser manual, motorizado ou motorizado con mando manual (MM). O Coral Box preséntase cunhas dimensións máximas de 6 metros de liña por 4 metros de saída
En canto á tela, o noso catálogo contén unha gran variedade de deseños lisos e listados en acrílico tintado masa, lona microperforada ou tecido plástico (poliéster recuberto de PVC)..
Brazo A.R.T. 350
Coral Box benefíciase da forza e resistencia dos brazos invisibles A.R.T 350. Uns brazos que levan integrado o sistema de tensión interna Art System, que mellora a transmisión e que consegue superar os 60.000 ciclos fronte ós 3.000 esixidos pola actual regulamentación. Así pois, o Storbox 350 compleméntase perfectamente cos brazos tecnicamente máis avanzados.
If you want more information about this product, fill out the form and we will contact you as soon as possible. If you would like a visit from a TGM sales representative, check the corresponding box.