EN
whatsapp logo facebook logo instagram logo twitter logo youtube logo UE icono pel

Developed in conjunction with Ext-Joom.com

NOTE! This site uses cookies and similar technologies.

If you not change browser settings, you agree to it. Learn more

I understand
CorporaciónNuestro Origen

A Nosa Orixe

 

TGM - Toldos Gómez naceu en Arzúa, grazas á iniciativa empresarial da familia Gómez fai máis dun século: comezou como un taller de guarnicionería, que se soubo adaptar e transformar no momento axeitado nun contexto de crise, ata chegar á actualidade, converténdose nunha empresa líder no sector mercado.

TGM 

 

 

 Fundación da guarnicionería

Natural de Pereiro de Aguiar, Antonio Gómez iniciouse no oficio de <<albardeiro>> na Coruña, abandonando no 1909 esta cidade para instalarse na vila de Arzúa. Alí namorouse, tivo oito fillos e puxo en marcha a engrenaxe do que anos despois constituiría TGM – Toldos Gómez.

O artesán Gómez faleceu o 28 de maio de 1936, a súa viúva, Matilde Cea, contaba entón con 38 anos e oito fillos. Números pares para unha muller que quedaba soa e sumida na dor. Chorar ausencias era un luxo para unha muller, que proxectou todas as súas enerxías na educación e coidado dos seus fillos. De xeito que pouco a pouco foi facéndose cargo das actividades do cónxuxe, pronto sería axudada por dous dos seus fillos: Manuel e Cándido.

Primeiros pasos na confección de toldos

<<Guarnicionería Hermanos Gómez>>, foi o nome de aquel embrionario taller, onde se fabricaron con devoción as primeiras monturas galegas. Nos anos 60 presentouse unha crise no sector pola introdución da maquinaria agrícola e a redución do traballo con animais, unha situación que obrigou ós irmáns a buscar outras vías de ingresos. Así, a partires de 1968, inícianse na confección de toldos e lonas para feirantes, capas para montar a cabalo e, aproveitando as máquinas de coser instaladas na guarnicionería, o remendado de lonas de algodón.


Consolidación de Toldos Gómez

A finais dos anos 70, o taller dos Gómez traballa por primeira vez con lona de PVC. É tamén a década na que comezan a fabricar toldos de fachada. Os netos do fundador, desempeñaban, xa entón, un importante papel no negocio familiar.

Durante case unha década, guarnicionería e toldos conviviron nunha mesma sede, ata que en 1977 se constrúe a primeira nave destinada á confección de lonas, dende a que funcionou o negocio de toldos con certa autonomía. Antonio, fillo de Manuel, quedaría ó fronte do novo negocio.

Para unha mellor xestión, separando negocio de guarnicionería e toldos, constituíuse o 20 de setembro de 1990 <<Toldos Gómez S.L>>, separándose xa definitivamente do negocio orixinario da guarnicionería que continuou e continúa a súa traxectoria diferenciada.


Expansión pola xeografía galega

No momento de constituírse Toldos Gómez S.L a empresa contaba con centros de traballo en Arzúa e Santiago (no Polígono Industrial do Tambre, adquirido en 1987).

No 1999 ábrese un centro de traballo en Bergondo e no ano 2000 en Lalín. En 2013 púxose en marcha un novo edificio no parque empresarial de Arzúa de 6.897 metros cadrados. Chegando así, Toldos Gómez, ós cinco centros de traballo que ten en Galicia a día de hoxe.

 

Relevo de Antonio Gómez

 

En setembro de 2016, e despois de case 50 anos ó fronte da empresa, xubilouse como Director Xerente don Antonio Gómez Alamancos, verdadeiro artífice da evolución da empresa no último medio século. Antonio, aínda que xubilado, continúa vinculado á empresa dende o seu cargo de Presidente do Consello de Administración e como socio. No cargo de Director Xerente foi sucedido por Esteban Raposo Gómez.