Permite obter unha gran área de sombra cando non hai fachada sobre a que instalar o toldo. Ideal para terrazas e xardíns. Este sistema consta de dous toldos que se montan sobre dous pes de ferro lacado branco. Unha vez que están recollidos, o elemento textil resulta protexido por un telladiño de aluminio.
Podemos chegar a cubrir grandes liñas sen ter que utilizar aparatosos sistemas de fixación. De feito, todas as pezas que compoñen a sustentación do conxunto contan cunhas reducidas dimensións, que favorecen en gran parte o efecto estético da instalación.
Inclúe os brazos invisibles do Arzúa. Estes incorporan o revolucionario sistema de tensión interna A.R.T System, que consiste nunha cinta plana e flexible que optimiza a transmisión, alonga a vida do conxunto (60.000 ciclos fronte ós 3.000 esixidos pola actual regulamentación) e mellora esteticamente a instalación.
Este sistema de tensión non erosiona a capa de lacado, que se produce cando se utilizan outros sistemas como o cable ou a cadea. Ademais, a configuración da estrutura evita que a lona roce os cóbados do brazo, tanto nas manobras de apertura e peche como en calquera posición intermedia do recorrido.
En canto á tela, o noso catálogo contén unha gran variedade de deseños lisos e listados no acrílica tintado masa, lona microperforada ou tecido plástico (poliéster recuberto de PVC).
If you want more information about this product, fill out the form and we will contact you as soon as possible. If you would like a visit from a TGM sales representative, check the corresponding box.