Esteban Raposo Gómez, Director Xerente de TGM: “por encima de todo está a seguridade do persoal e dos clientes”

Esteban Raposo Gómez, Director Xerente de TGM: “por encima de todo está a seguridade do persoal e dos clientes”

06 de agosto de 2020

Están sendo tempos moi difíciles para todos.  As terribles situacións que se viviron e que se seguen vivindo a día de hoxe por mor da enfermidade, así como o confinamento, marcaron un antes e un despois nas nos vidas. E non só a nivel persoal, tamén supuxo unha parada en seco para as empresas de todo o mundo.

No blog de hoxe O Director Xerente de TGM-Toldos Gómez, Esteban Raposo, fai balance do gran impacto da pandemia da Covid-19 na empresa: “co Estado de Alarma, tivemos que cancelar todas as instalacións programadas e producíuse un descenso moi brusco nos pedidos. Despois, co peche de todas as actividades non esenciais converteuse nunha ausencia case total”. Esta situación tan insostible obrigou á empresa a solicitar un ERTE, descendendo a súa actividade nun 70%.

Afortunadamente, coa chegada do verán. incrementouse moito en relación a outros anos a demanda dos productos da empresa para vivendas, de xeito que a reducción de actividade é actualmente so dun 10%.

A actividade da empresa quedou practicamente paralizada durante o Estado de Alarma, pero soubemos adaptarnos aos novos tempos

Co inicio da desescalada, tocou re-adaptarse unha vez máis. Implementouse o teletraballo naqueles postos que o permitían e nos casos nos que non foi posible, garantiuse unha total seguridade para os traballadores con protocolos de limpeza exhaustivos e material como luvas, máscaras e xel desinfectante. Para aumentar a súa protección, así como tamén a dos clientes, limitouse o acceso destes aos centros, poñendo a súa dispoñibilidade servizos a través da rede ou por teléfono. “O noso plan de continxencia foise modificando para adaptarnos sempre as instrucións das autoridades, poñendo sempre por encima de todo a seguridade do persoal e dos clientes.”

El Director Gerente de TGM, Esteban Raposo

A pesares deste panorama tan desolador, TGM soubo adaptarse aos novos tempos e onde só aparecían ameazas, conseguíronse atopar tamén oportunidades: “ Desenvolvemos en pouco tempo novos produtos, como as máscaras de protección facial (das que doamos máis de 4.000 unidades) ou os felpudos desinfectantes que estamos vendendo a través da nosa web. Tamén vimos como repuntaban as ventas dalgún produto que xa traballábamos como as mamparas divisorias”.

Doamos máis de 4.000 unidades de máscaras de protección facial e comezamos a producir material de protección contra o virus  

Agora toca pensar no futuro próximo e en cómo adaptarse á nova normalidade dos próximos meses. Aínda que dende a empresa apóstase polo optimismo, preocupa a situación do sector da hostelaría, xa que é un dos clientes clave do negocio. “Agardamos que poidan traballar, xerar ingresos e así seguir consumindo os nosos produtos e moitos outros".

Miramos ao futuro con esperanza

Non obstante, e como xa se fixo durante os máis de cen anos de historia da empresa, confíase en que todo sairá ben e xa se está traballando sen descanso para sair a diante da mellor maneira posible. “Sempre traballamos a medida de cada cliente, e podemos cubrir moitas necesidades distintas, así que esperamos seguir recibindo pedidos”.

   

Arquivado en

Filtrar resultados

Utilizamos cookies para garantir que obteña a mellor experiencia no noso sitio web. Se rexeita o uso de cookies, é posible que este sitio web non funcione como se espera. Podes obter máis información na nosa Política de Cookies